==Descrición e características==
É un complemento (add-on) que actúa como filtro de contido para o navegador Internet Explorer (MSIE) que hai que instalar. As características de Parental Control Bar son as seguintes:

# Permite filtrar calquera tipo de contido (pornografía, apostas, hacking, cracking,…)
# Pode bloquear todo o tráfico cara páxinas non incluidas nunha Lista branca de páxinas web ás que se permite o acceso.
# Permite a personalización das Listas brancas aquí chamada «Lista de sitio seguro para nenos» (Child-safe list).
# O contorno do complementon está protexido por contrasinal para impedir cambiar a configuración.
# En caso de que se bloquee unha páxina mostra unha advertencia na que (só na sesión de administrador) permite engadila a algunha lista.

Parental Contro Bar traballa con só dous niveis de protección:
:* '''Modo pai''', no que permite desactivar o bloqueo de páxinas.
:* '''Modo neno''', metodo estrito de control da navegación.

'''''Nota do autor''': este complemento semella estar pensado para a instalación monousuario, o tipo de instalación de '''desaconsellamos''', xa que só dispón de todas as funcionalidades na sesión de administrador.''

==Instalación e configuración inicial==
Abrimos o navegador, de ter varios, xa que este é un complemento para Internet Explorer, empregaremos preferentemente o  Internet Explorer, e abrimos a páxina http://parentalcontrolbar.org.

Na páxina buscamos o botón verde '''Download Now''' (descargar agora) que nos redirecciona cara á páxina de descarga deste programa no portal de descargas [http://download.cnet.com cnet].

{| align=center
|[[Imagen:Win7-P-C-B-1.png|320px]]
|[[Imagen:Win7-P-C-B-1a.png|240px]]

Nesta nova páxina buscamos '''Download Now''' (descargar agora) e prememos aí.

{| align=center
|[[Imagen:Win7-P-C-B-2.png|320px]]
|[[Imagen:Win7-P-C-B-2a.png|240px]]

No caso de IE8 en Window$ 7 aparecenos unha barra indicandonos que non pode descargar o programa. Prememos nela co botón dereito e a seguir prememos en '''Descargar ficheiro...'''.

[[Imagen:Win7-P-C-B-3.png|640px|center]]

[[Imagen:Win7-P-C-B-4.png|640px|center]]

[[Imagen:Win7-P-C-B-5.png|640px|center]]

Cando abre a xanela na que nos pregunta se queremos executar ou descargar, eliximos '''Executar'''.

{| align=center
|[[Imagen:Win7-P-C-B-6.png|320px]]
|[[Imagen:Win7-P-C-B-7.png|320px]]

A seguir damoslle permiso para que se instale e aceptamos as condicións.

{| align=center
|[[Imagen:Win7-P-C-B-8.png|320px]]
|[[Imagen:Win7-P-C-B-9.png|320px]]

Agora imos amodo.

O primeiro é que empreguemos un [[Xeración_manual%2C_agochar_contrasinais%2C_aplicativos_de_xeración_e_mantemento|contrasinal seguro]].

[[Imagen:Win7-P-C-B-10a.png|320px|center]]

Fornecemoslle o noso enderezo de correo. '''IMPORTANTE''' un enderzo ao que os cativos non teñan acceso.

[[Imagen:Win7-P-C-B-10b.png|320px|center]]

Unha vez que remata a instalación...

[[Imagen:Win7-P-C-B-11.png|320px|center]]

... se aínda tiñamos aberto o Internet Explorer pechámolo e volvemos a abrilo. Veremos que aparece a barra de control paterno.

[[Imagen:Win7-P-C-B-12.png|640px|center]]

Esta barra ten dous modos de traballo
:*'''Modo pai''' [[Imagen:Win7-P-C-B-13.png]]
:*'''Modo neno''' [[Imagen:Win7-P-C-B-14.png]]

Cando prememos en [[Imagen:Win7-P-C-B-13.png]] a barra cambia a [[Imagen:Win7-P-C-B-14.png]] e aparecenos a seguinte mensaxe

[[Imagen:Win7-P-C-B-15.png|320px|center]]

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
| '''Agora está ACTIVADO o modo seguro para nenos'''

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
|'''O que significa:'''
O seu equipo agora ten bloqueado o acceso aos sitios segundo a configuración paterna.

Se agora premeramos en [[Imagen:Win7-P-C-B-14.png]] para cambiar a modo [[Imagen:Win7-P-C-B-13.png]] pidenos o contrasinal que idicamos antes.

[[Imagen:Win7-P-C-B-16.png|320px|center]]

E devólvenos a seguinte mensaxe

[[Imagen:Win7-P-C-B-17.png|320px|center]]

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
| '''Agora está DESACTIVADO o modo seguro para nenos'''

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
|'''O que significa:'''
O equipo agora non ten restrinxido o acceso a ningún sitio en Internet.

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
| Por favor, asegúrese de activar o modo a proba de nenos antes de alonxarse do seu computador.

Se prememos no botón [[Imagen:Win7-P-C-B-18.png]] que está dispoñible SÓ en [[Imagen:Win7-P-C-B-13.png]] danos acceso á configuración do filtro.

Este filtro nun principio (segundo se instala) só filtra pornografía e espidos, deberemos engadir os outros grupos que queiramos.

As opcións son:
:* Material sexual explícito
:* Espidos/material sexual
:* Violencia
:* Linguaxe noxento
:* Salas de conversas e taboleiros de mensaxes (todas as variantes de «Messenger» e redes sociais)
:* Actividades potencialmente danosas

{| align=center
|[[Imagen:Win7-P-C-B-19.png|320px]]
|[[Imagen:Win7-P-C-B-20.png|320px]]

Unha vez configuradas as restriccións deberemos ir, un a un, polos usuarios que queiramos que naveguen baixo os filtros e premer en [[Imagen:Win7-P-C-B-13.png]] para converter en [[Imagen:Win7-P-C-B-14.png]]

::'''''IMPORTANTE''' esta acción é irreversíbel para os usuarios distintos do usuario administrador, nas probas que fixemos empregando Window$ 7 e IE8 non permite a volta atrás, xa que ao premer en [[Imagen:Win7-P-C-B-14.png]] para cambiar a [[Imagen:Win7-P-C-B-13.png]], nos usuarios non administrador, non admite como bo o contrasinal.

Se esquecemos o contrasinal, esta opción debe permitir que nos chegue un correo de http://parentalcontrolbar.org co contrasinal que teñamos rexistrado (cando fixemos a configuración de instalación). Digo «debe permitir» porque nas probas que fixemos empregando Window$ 7 e IE8 non funcionou.

{| align=center
|[[Imagen:Win7-P-C-B-21.png]]
|[[Imagen:Win7-P-C-B-22.png|320px]]

Cando, estando en [[Imagen:Win7-P-C-B-14.png]], tenten acceder a unha páxina bloqueada aparecerá a seguite mensaxe

[[Imagen:Win7-P-C-B-23.png|320px|center]]

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
| '''A barra de control parental está bloqueando o sitio'''

{| border=1 cellspacing=0 cellpadding=10
| '''Importante para os pais!'''
Se vostede, o pai, está a navegar pola Internet entón introduza o seu contrasinal a seguir para desactivar o bloqueo

Vostede non é quen de ver este sitio porque:

'''Non ten etiqueta'''
::*Desactive o control paterno
::*Engadir á lista de sitio seguro para os nenos

'''SÓ''' cando esteamos no usuario administrador poderemos empregar esta funcionalidade, xa que como comentei antes, nos outros usuarios non recoñecerá como bo o contrasinal.

==Cando falla Firefox==
Se xa tiñamos instalado Firefox cando instalemos '''Parental Control Bar''' este instala un complemento que fai que o Firefox resulte inoperante.

Xa que non é un fallo de Firefox, desmarcamos a caixiña '''Informe a Mozilla acerca do fallo para que poida solucionalo''' e a seguir prememos no botón '''Saír Firefox'''.

[[Imagen:Falla-FF-1.png|320px|center]]

Para corrixir este problema debemos proceder a desinstalar este complemento. Diriximonos ao '''Panel de Control''' e desde aí a '''Programas''' ''Desinstalar un programa''

[[Imagen:Quita-explorer-2.png|320px|center]]

Na nova xanela buscamos '''Parental Control Bar For Firefox''', prememos sobre el co botón dereito do rato, abrenos a posibilidade de '''Desinstalar ou cambiar''', prememos nesa caixiña, para que proceda a desinstalar ese complemento e a partires de aí, Internet Explorer seguirá filtrando con Parental Control Bar e Firefox traballará tal e como o teñamos configurado.

[[Imagen:Falla-FF-2.png|320px|center]]

[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Ferramentas de control paterno]]

--[[Usuario:Miguelbf|miguelbf]] 17:52 2 sep 2010 (UTC)